No existe mejor forma de conocer a alguien que mirarle a los ojos y cruzar el portal que conduce al interior del alma

lunes, 4 de abril de 2011

Acariñando a túa pel

Asemella complicado compartires o tempo contigo
a distancia non permite o contacto dos corpos
pero non impide que os sentimentos señan alimentados, polos desexos de acariñar a túa pel.

A túa presenza acompáñame nos quefaceres diarios
maxinar a vida ó teu carón, faina sinxela
así resulta máis levadeiro o transcurrir do tempo, nesta extrana soidade.

Precisamos tempo pra atrevernos
tempo pra compartires
tempo de entrega e recollida
tempo que non pasa
tempo que non chega e que acurta cada vez máis o noso tempo xuntos


Xa sinto a túa ausencia e inda non te tiven...

P.A.M (04 de Abril de 2011 ás 0:10)

2 comentarios:

  1. Penso que hai moitos erros idiomáticos. No principio "a túa pel" (en galego o posesivo vai precedido de artigo, salvo en parentesco: meu pai ou o meu pai; miña nai ou a miña nai...)
    A expresión do amor,moi boa.

    ResponderEliminar
  2. Ese foi un erro sen perdón, doume conta perfeitamente, grazas pola puntualización, non sei como o piden saltar,pero como ves no texto non pasou, só no título (agora xa correxido) o resto, pois a verdade, non o vexo. Estaría encantada de que votases unha man María, se non é molestia pola túa parte.
    Saúdos

    ResponderEliminar