No existe mejor forma de conocer a alguien que mirarle a los ojos y cruzar el portal que conduce al interior del alma

martes, 18 de octubre de 2011

Dende eiquí

Dende eiquí dende o teu carón
consigo saberte enteiro
adivínote totalmente...

Espido,
tanto, que con só unha ollada
consigo verche a ialma.

Indefenso,
tanto, que temo tocarche
e con ilo, facerche dano.

Seguro,
tanto, que a túa seguridade
da firmeza a estos cimentos.

E dende eiquí
dende a túa beira
ensínome a tí,
espida
indefensa
segura...

Móstrome a tí tal e como son
entrégome plenamente
sen medos
nin ataduras
pra ires da túa man.

P.A.M (Martes, 19 de Xullo de 2011 ás 0:39)

No hay comentarios:

Publicar un comentario